“BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA CONFECCIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PEÓNS DE SERVIZOS VARIOS (GRUPO E/ OUTRAS AAPP).

As persoas que desexen tomar parte nesta selección deberán presentar as súas instancias dirixidas ó señor Alcalde-Presidente, en modelo que se engade como ANEXO I, na sede electrónica do Concello de Boiro https://boiro.sedelectronica.gal ou no Rexistro Xeral do Concello de Boiro en horario de atención ó público (de luns a venres de 9:00 h. A 13:30 h.) durante o prazo de DEZ DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. No caso de ser presentadas por correo ou noutros rexistros, e a efectos de poder realiza-lo seu seguimento, as persoas solicitantes deberán remitir unha copia da instancia xa rexistrada mediante correo electrónico dirixido a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/05/22/2025_0000003161.html