CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidades de patrón e mecánico

O número de prazas convocadas na especialidade de patrón será de dez (10), das cales unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade. Resérvanse tres (3) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

O número de prazas convocadas na especialidade de mecánico será de trece (13), das cales unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade. Resérvanse catro (4) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

O sistema selectivo será o de oposición.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250523/AnuncioG0597-150525-0001_gl.pdf