CONVOCATORIA DE VARIOS PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL FIXO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, INCLUÍDAS NAS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO DOS ANOS 2024 E 2025 (CL2025M) QUENDA LIBRE
1. Unha praza de traballador/a social, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a e integrada no subgrupo A2 (OEP 2025).
2. Unha praza de diplomado/a en enfermería, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a e integrada no subgrupo A2 (OEP 2025).
3. Tres prazas de técnico/a en educación, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a e integradas no subgrupo A2 (OEP 1 do 2024 e 2 do 2025).
4. Cinco prazas de técnico/a auxiliar en educación diúrna, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a auxiliar e integradas no subgrupo C1 (Dúas da OEP 2025 e tres da oferta do ano 2024 convocadas no BOPPO do 17/04/2024 e que quedaron desertas en maio 2025).
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e do extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG).
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/05/29/2025037310