BASES REGULADORAS PARA CONTRATACIÓN DE AVOGADA/O DO CIM COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL, E PARA FORMACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO PARA AVOGADA/O E PSICÓLOGA/O PARA O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
PARA O POSTO DE AVOGADA/O:
• Titulación de grao, ou equivalente, en Dereito.
• Formación de 200 horas en materia de igualdade de oportunidades por razón de xénero.
• Experiencia laboral de 200 horas en materia de igualdade de oportunidades por razón de xénero.
PARA O POSTO DE PSICÓLOGA/O:
• Titulación de grao, ou titulación equivalente, en Psicoloxía,
• Formación de 200 horas materia de igualdade de oportunidades por razón de xénero.
• Experiencia laboral de 200 horas en materia de igualdade de oportunidades por razón de xénero.
As solicitudes requirindo tomar parte nas correspondentes probas de acceso nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases para a praza que se opte, dirixiranse á Sra. Alcaldesa do Concello de Marín, segundo o modelo que consta no Anexo I, e presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo (10 DÍAS) dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
As bases íntegras estarán expostas no Taboleiro de Anuncios e na sede electrónica do concello de Marín https://sede.concellodemarin.es
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/06/20/2025045954