on 20 Mai 2024

Para a cobertura das vacacións de verán,

Condicións:
- Fins de semana libres alternos
- Salario base superior ao do Sergas
- Plus de domingos e festivos
- Flexibilidade para o cambio de quendas
- Bo ambiente laboral.
- 35 horas semanais

Persoas interesadas contactar no teléfono: 881 867 670

on 20 Mai 2024

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para a provisión, mediante contrato laboral temporal, dunha praza de titulado/a superior xestor/a do proxecto Down to Earth.

Modalidade de contrato. A persoa seleccionada asinará un contrato de traballo temporal seguindo as prescricións dos artigos 15 e 17 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, ao abeiro do Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, e demais lexislación vixente que resulte de aplicación.

O prazo para presentar as solicitudes será de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioO90-070524-0001_gl.pdf

 

on 20 Mai 2024

CONTRATACIÓN DUN POSTO DE RESPONSABLE DE MANTEMENTO PERSOAL LABORAL FIXO SUXEITO A CONVENIO COLECTIVO

Posto de traballo: Responsable de Mantemento (Grupo II. Banda I. Nivel 7).

Tipo de contrato.— Fixo.

Requisitos das persoas aspirantes.

— Entre outros, estar en posesión de titulación universitaria esixida no apartado 5º do Anexo I das bases reguladoras do proceso. Sistema de selección.

— Cobertura externa. Concurso de méritos.

- Bases da convocatoria.No taboleiro de anuncios e na páxina web da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra (www.apmarin.com), na de Portos do Estado e na páxina www.administración.gob.es (060).

Prazo de presentación de solicitudes.

— Vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o día de finalización do prazo coincidise en sábado ou festivo, pasarase ao día seguinte hábil.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/05/20/2024030931