Axencia Galega das Industrias Culturais
RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2021 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT402C).
Poden solicitar as distintas modalidades de subvención as entidades que a continuación se sinalan, para actividades que se leven a cabo entre o 1 de novembro de 2020 e o 31 de outubro de 2021.
A. Artes escénicas.
• Modalidade A.1: subvencións para a distribución de espectáculos fóra de Galicia.
Beneficiarios/as: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Modalidade A.2: subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas en feiras e festivais fóra de Galicia.
Beneficiarios/as: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a exhibición de espectáculos en feiras e festivais fóra de Galicia.
• Modalidade A.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados de artes escénicas fóra de Galicia.
Beneficiarios/as: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados culturais fóra da Comunidade Autónoma galega, incluídos os celebrados en liña.
• Modalidade A.4: subvencións para a distribución interior de espectáculos escénicos no territorio da comunidade autónoma.
Beneficiarios/as: persoas físicas (autónomas) e xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.
B. Música.
• Modalidade B.1: subvencións para a distribución de espectáculos musicais fóra de Galicia.
Beneficiarios/as: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Modalidade B.2: subvencións para as representacións musicais en feiras e festivais fóra de Galicia.
Beneficiarios/as: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de actividades musicais, con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a realización de concertos en feiras e festivais fóra de Galicia.
• Modalidade B.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados musicais fóra de Galicia.
Beneficiarios/as: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos musicais con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados musicais fóra da Comunidade Autónoma galega, incluídos os celebrados en liña.
O prazo para a presentación das solicitudes será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210505/AnuncioG1097-230421-0001_gl.pdf