CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A PARTICIPACIÓN DE PERSOAS ESCRITORAS, ILUSTRADORAS E TRADUTORAS NAS ACTIVIDADES QUE SE REALICEN NO SECTOR DO LIBRO

Consellería de Cultura, Educación e Universidade
ORDE do 10 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras,
ilustradoras e tradutoras nas actividades que se realicen no sector do libro no 2021, e se procede á súa convocatoria para este ano (código de procedemento CT221A).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que establecen o procedemento de concesión de subvencións a persoas físicas escritoras, ilustradoras e tradutoras que desenvolvan o seu traballo no sector do libro e no ámbito da Comunidade Autónoma galega facilitando a súa participación en actividades de tal sector que se realicen no ano 2021. Código do procedemento CT221A.

Serán obxecto de subvención os gastos de viaxe referidos ao aloxamento e transporte que permitan a asistencia fóra de Galicia ás seguintes actividades realizadas no sector do libro: feiras, festivais, seminarios, encontros, obradoiros e estadías creativas.

Fináncianse os gastos realizados que respondan de xeito directo e indubidable á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para a súa realización.

O financiamento dos gastos da viaxe é o referido ao aloxamento e transporte e terá o seguinte importe por ámbito xeográfico de destino, sempre que se xustifique:
– España, agás a Comunidade Autónoma galega: 250 €.
– Resto da Unión Europea: 600 €.
– Fóra da Unión Europea: 1.500 €.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación de esta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de outubro de 2021 (incluído).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210624/AnuncioG0598-110621-0001_gl.pdf