O MINISTERIO DE ASUNTOS ECONÓMICOS E TRANSFORMACIÓN DIXITAL POTENCIA O EMPRENDEMENTO DIXITAL FEMININO CUNHA NOVA LIÑA DE AXUDAS

Obxectivo
Apoiar e impulsar, a través do financiamento, proxectos de emprendemento dixital feminino e reducir a brecha de xénero existente neste ámbito.
 
Empresas beneficiarias
Poderán obter os préstamos participativos as pequenas e medianas empresas emerxentes ou en crecemento nas que unha ou varias mulleres ostenten unha posición relevante de liderado ou de poder dentro de sociedade: no accionariado, no órgano de administración ou formando parte do equipo directivo.
 
Esta liña está dirixida tanto a empresas de nova creación como a aquelas que estean a considerar un proxecto de consolidación, crecemento ou internacionalización.
 
Requisitos
Domicilio social en España.
Ser unha peme, conforme á definición da Unión Europea.
Ter personalidade xurídica propia, independente da dos socios ou partícipes.
O proxecto empresarial ha de demostrar a súa viabilidade técnica e económica, e presentar un modelo de negocio innovador, novo ou con claras vantaxes competitivas.
A empresa prestataria deberá cofinanciar as necesidades financeiras asociadas ao proxecto empresarial.
Os fondos propios da sociedade serán equivalentes, como mínimo, á contía do préstamo.
 
A empresa que solicite un préstamo Enisa deberá mostrar unha estrutura financeira equilibrada e profesionalidade na súa xestión.
Deberán presentarse as contas do último exercicio pechado, que serían depositadas no Rexistro Mercantil ou noutro rexistro público que proceda.
A empresa que reciba un préstamo Enisa, por un importe superior a 300.000 €, deberá ter auditados externamente os estados financeiros do último exercicio pechado.
 
Quedan excluídas as empresas cuxa actividade corresponda aos sectores inmobiliario e financeiro.