DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA: CONVOCATORIA DA VI EDICIÓN DOS PREMIOS SOFÍA NOVOA ORTIZ Á INCLUSIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO E FIN DE MÁSTER

Persoas beneficiarias

Alumnado da Universidade de Vigo pertencente aos campus de Pontevedra e de Vigo.

Obxecto

Concesión da VI Edición dos Premios Sofía Novoa Ortiz, dirixidos a fomentar, consolidar e dar a coñecer a inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de máster e fin de grao realizados na Universidade de Vigo, nos campus de Pontevedra e de Vigo.

O importe total dos premios é de 5.200 €, outorgados da seguinte maneira:

• Premios aos traballos de fin de grao:

- Dous premios, dotados con mil (1.000) euros cada un

- Un accésit, dotado con seiscentos (600) euros

• Premios aos traballos de fin de máster:

- Dous premios, dotados con mil (1.000) euros cada un

- Un accésit, dotado con seiscentos (600) euros

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 15 de outubro de 2021 e a data límite para entregar os traballos por vía telemática é o 22 de outubro de 2021

As bases estarán á disposición das persoas interesadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e en www.depo.gal.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/09/29/2021047812