INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA CONVOCA AXUDAS AOS SERVIZOS DE DESENVOLVEMENTO ESTRATÉXICO, PROFESIONALIZADO, INNOVACIÓN E ADOPCIÓN DE SOLUCIÓNS DE DIXITALIZACIÓN PARA A SÚA REALIZACIÓN EN EMPRESAS GALEGAS (PROGRAMA RE- ACCIONA)

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2021, conxunta do Instituto Galego de Promoción Económica e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se dá publicidade do acordo que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG401A).

Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluídos os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial. En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia e cumprir a definición de peme. Para esta definición utilizarase a establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías) (en diante, Regulamento (UE) nº 651/2014).

Prazo de presentación de solicitudes

Convocatoria 2022.1: comeza o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e remata o 28.1.2022.

Convocatoria 2022.2: comeza o 31.1.2022 e remata o 4.3.2022.

Convocatoria 2022.3: comeza o 7.3.2022 e remata o 8.4.2022.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211221/AnuncioO92-021221-0001_gl.pdf