CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE CONVOCA AXUDAS Á MOBILIDADE COMPLEMENTARIAS AS ACHEGADAS POLA UE NO MARCO DO PROGRAMA COMUNITARIO ERASMUS +

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 23 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2021/22 (código de procedemento ED417A).

Poderá solicitar estas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado no curso 2021/22 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para realizar estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.

b) Participar no programa de mobilidade universitaria con fins de estudos con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación.

c) Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.

O programa de mobilidade para o que se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico 2021/22.

As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de tres meses.

As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no programa Erasmus+:

a) De 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1.

b) De 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2.

c) De 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3.

 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220103/AnuncioG0598-251121-0002_gl.pdf