CONSELLERIA DE MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS PARA O FOMENTO DA CONTRATACIÓN DE SEGUROS AGRARIOS NA CCAA DE GALICIA

Consellería do Medio Rural

ORDE do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR443A).

Persoas beneficiarias

1. A Consellería do Medio Rural concederá estas axudas de forma directa aos agricultores e poderán ser beneficiarios delas os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2022 e liñas gandeiras dos plans 2021 e 2022, formalizadas no ano 2022, incluídas as regularizacions destas liñas de plans anteriores, sempre que cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde, segundo se desprende do artigo 20.1 do Real decreto 425/2016, así como do punto décimo do 43º Plan de seguros agrarios combinados aprobado pola Comisión Xeral da Entidade Estatal de Seguros Agrarios, con data do 30 de novembro de 2021, e da disposición adicional primeira desta orde. Tamén poderán ser beneficiarios das axudas outorgadas nesta orde os titulares de explotacións de acuicultura continental.

2. As subvencións a que fai referencia esta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por grandes empresas e empresas dedicadas á transformación e comercialización de produtos agrícolas, de conformidade co establecido nas vixentes directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220113/AnuncioG0426-291221-0001_gl.pdf