Consellería de Cultura, Educación e Universidade
ORDE do 31 de decembro de 2020, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento ED481D e IN606C).
O obxecto desta convocatoria é outorgar axudas ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e da IEO
(Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para completar a etapa de formación posdoutoral.
Convócanse 24 axudas (20 para as universidades do SUG e 4 para o resto de entidades beneficiarias). O importe total máximo de cada axuda é de 49.000 € anuais, que inclúe tres conceptos:
1. O financiamento dun contrato posdoutoral dun máximo de 38.000 € brutos anuais.
2. Unha axuda complementaria, por cada persoa contratada para o establecemento dunha liña propia de investigación, de 10.000 € para o ano 2021 e para o ano 2022 e de 5.000 € para o ano 2023.
3. Un complemento anual por axuda de 1.000 €, destinado ás entidades beneficiarias para cubriren os gastos asociados á contratación.
O prazo de presentación será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210121/AnuncioG0598-110121-0001_gl.pdf