IGAPE APROBA AS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE XESTORES/AS DE INTERNACIONALIZACIÓN

 Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 en réxime de concorrencia
non competitiva (código de procedemento IG638A).

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas e organismos empresariais que cumpran os seguintes requisitos:
4.1. Empresas, que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, e que teñan como proxecto iniciar ou consolidar o seu proceso de internacionalización.
4.2. Asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, clústers empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro), que representen un colectivo de
empresas galegas, e os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2016 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro
de 2009). Todos deber ter o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Será subvencionable o custo dos contratos laborais por conta allea a tempo completo de xestores de internacionalización, baixo calquera das modalidades previstas na lexislación laboral vixente no momento da contratación, acordes á finalidade de axuda, excepto contratos de alta dirección.

A contía da axuda calcúlase aplicando as seguintes porcentaxes sobre o custo subvencionable indicado no punto 5 do artigo anterior:
a) 85 % no caso de mozos/as profesionais nacidos/as a partir do 1 de xaneiro de 1985.
b) 90 % no caso de mulleres ou mozos de calquera xénero inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil.
c) 80 % no caso de profesionais nacidos despois do 1 de xaneiro de 1975 e antes de 1 de xaneiro de 1985.
d) 90 % no caso de profesionais senior en paro de difícil reinserción laboral de idade igual ou superior a 45 anos (nados antes do 1 de xaneiro de 1975).

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de maio de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210128/AnuncioO92-110121-0001_gl.pdf