DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE CARÁCTER TURÍSTICO DURANTE O ANO 2022

BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS, EN CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA ACTIVIDADES DE CARÁCTER TURÍSTICO DURANTE O ANO 2022

Constitúe o obxecto destas bases a regulación da concesión de subvencións públicas destinadas a promover actividades de carácter turístico durante o ano 2022 coa finalidade de colaborar no fomento do turismo e na profesionalización do sector da provincia de Pontevedra, segundo os principios de concorrencia competitiva, obxectividade e publicidade.

Poderán ser obxecto de subvención as actividades de fomento do turismo que teñan como fins, entre outros, os seguintes:

— Promoción e estímulo dun sector turístico competitivo, de calidade, accesible e sustentable

— Promoción dos seguintes recursos turísticos da provincia: a natureza, o medio ambiente e a paisaxe; as festas e tradicións populares; o patrimonio cultural e lingüístico; a gastronomía e a enogastronomía; a saúde, o benestar e o termalismo.

Poderán solicitar estas subvencións as persoas xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:

— Non ter a condición de Administración Pública.

— Carecer de fins de lucro.

— Ter o domicilio social na provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra desta cando a actividade para a que se solicita a subvención teña interese para a provincia.

— Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e coa facenda autonómica da Xunta de Galicia (ATRIGA).

— Non ter débedas coa Deputación de Pontevedra.

— Estar ao corrente do pagamento da Seguridade Social.

— Non estar incursa en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

— Non ter pendente de xustificación subvencións anteriores pagadas anticipadamente pola Deputación de Pontevedra.

O importe máximo da subvención para cada proxecto non poderá exceder do 70% do seu orzamento e non superará o importe de 5.500,00 euros por proxecto.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/03/07/2022013062