Consellería de Cultura, Educación e Universidade
ORDE do 19 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2020/21 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Os premios destínanse ao alumnado universitario de grao oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2020/21 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Concederase un premio por cada un dos cursos en que se estruturan os plans de estudos das titulacións oficiais de grao, agás no derradeiro curso, e en cada un dos centros en que se impartan.
No ámbito de aplicación desta convocatoria están incluídos:
1. Os graos oficiais impartidos nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
2. Os programas de simultaneidade de graos impartidos nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Cada persoa premiada recibirá unha dotación económica de 1.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción.
No caso de existir remanente de crédito, as persoas premiadas que teñan unha nota media igual ou superior a 9 puntos recibirán unha contía complementaria de 500 euros, comezando desde os expedientes con maior nota media.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220502/AnuncioG0598-200422-0002_gl.pdf