XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA XUVENTIDE CREA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 17 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS310Q).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que rexen a concesión dos premios do programa Xuventude Crea e proceder á súa convocatoria para o ano 2022.

Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

Os premios do programa Xuventude Crea que se convocan inclúen as seguintes especialidades:

a) Artes plásticas.

b) Arte urbana.

c) Banda deseñada.

d) Cociña.

e) Creación de videoxogos.

f) Danza moderna.

g) Deseño de xoias.

h) Fotografía.

i) Moda.

j) Música.

k) Novela curta.

l) Poesía.

m) Teatro.

n) Videocreación.

Establécense os seguintes premios por cada unha das especialidades:

Un primeiro premio de 3.000 €.

Un segundo premio de 1.500 €.

Un terceiro premio de 1.000 €.

Un premio especial de 1.000 € para a modalidade de música clásica da especialidade de música.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220705/AnuncioG0657-200622-0001_gl.pdf