Desde hoxe, venres 7 de xullo podes solicitar a AXUDA DE 200 EUROS ANUNCIADA POLO GOBERNO, explicámosche cómo:
Poden pedir esta axuda aquelas persoas que, ao 27 de xuño de 2022:
Teñan residencia legal e efectiva en España e tivérana de forma continuada e ininterrompida durante o ano inmediato anterior.
Realicen unha actividade por conta propia ou allea pola cal estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade, ou Estean rexistrados como desempregados/as na oficina de emprego, estean a cobrar ou non a prestación ou subsidio por desemprego.
As rendas obtidas en 2021, incluídas as que perciban os conviventes, sexan inferiores a 14.000 euros e o patrimonio, descontando a vivenda habitual, non supere os 43.196,40 euros.
Existe un límite de renda ou patrimonio para solicitar a axuda?
Sí.
Para solicitar a axuda é necesario que a suma das rendas de todas as persoas que convivan no mesmo domicilio, obtidas en 2021, sexa inferior a 14.000 euros anuais e o seu patrimonio inferior a 43.196,40 euros anuais.
Os ingresos e o patrimonio determinaranse considerando os ingresos e o patrimonio de todas as persoas que residan coa persoa beneficiaria nun mesmo domicilio a data 1 de xaneiro de 2022 e estean unidos entre si: como cónxuxe ou parella con polo menos dous anos de antelación por relación de parentesco ata o terceiro grao, incluídos os afíns (exemplos: fillos, irmáns, avós, tíos, nora, netos…), así como quen conviva con calquera dos anteriores en virtude de garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente.
Qué ingresos e patrimonio se teñen en conta para solicitar a axuda?
Débense ter en conta os ingresos e patrimonio das persoas que convivan co/a solicitante no mesmo domicilio ao 1 de xaneiro de 2022 e teñan entre eles unha relación, que pode ser: matrimonial ou de parella con polo menos dous anos de antelación, relación de parentesco ata o terceiro grao incluídos os afíns (exemplos: fillos, irmáns, avós, tíos, nora, netos…), así como quen conviva con calquera dos anteriores en virtude de garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente.
Por tanto, non se terán en conta os ingresos e patrimonio doutras persoas conviventes no mesmo domicilio que non estean unidas polos vínculos anteriores.
Quen ten unha relación de parentesco ata terceiro grao?
As relacións de parentesco ata o terceiro grao, incluídas tanto por consanguinidade como afinidade, serían aquelas que refiren ás relacións con fillos, pais, sogros, xenro/nora, avós, irmáns, netos, cuñados, tíos, sobriños, bisavós e biznietos.
Como se calcula o límite de ingresos e de patrimonio?
Os ingresos e a contía do patrimonio do beneficiario calcularanse conforme o disposto no artigo 20, apartados 1, 4 e 5 da Lei 19/2021, do 20 de decembro, pola que se establece o Ingreso Mínimo Vital.
Por tanto, para o computo do patrimonio non se terá en conta a vivenda habitual.
Quen está excluído/a da axuda?
Non teñen dereito á axuda quen, a data 27 de xuño de 2022: Perciban o Ingreso Mínimo Vital ou Perciban unha pensión abonada polo Réxime Xeral ou os Réximes especiais da Seguridade Social ou polo Réxime de Clases Pasivas do Estado, así como quen perciba prestacións análogas das mutualidades de previsión social alternativas ao RETA (Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomo).
Cómo se pode solicitar a axuda?
A axuda solicitarase a través do formulario electrónico dispoñible na Sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Para a presentación da solicitude é necesario dispoñer de
Cl@ve ou certificado electrónico (incluído DNI-e). Para a solicitude destas axudas débese consignar o NIF da persoa solicitante e das persoas que convivan no mesmo domicilio e unha conta bancaria titularidade do solicitante na que desexa que se realice o abono da axuda.
Non é obrigatorio consignar o NIF de menores de 14 anos que non dispoñan do mesmo.
Hai que aportar algunha documentación?
Non, non hai que achegar ningunha documentación.
A Seguridade Social e outros organismos públicos remitirán á AEAT a información necesaria para verificar o cumprimento dos requisitos necesarios para solicitar a Axuda.
Prazo de solicitude
Esta axuda pode solicitarse ata o 30 de setembro de 2022.
Cómo se paga a axuda?
A axuda abonarase mediante transferencia bancaria. Por tal motivo, é necesario indicar unha conta bancaria titularidade do/a solicitante para poder efectuar o pago da axuda. Transcorrido o prazo de tres meses desde a finalización do prazo de presentación do formulario sen efectuarse o pago, a solicitude poderá entenderse desestimada.
O Concello da Estrada a través do departamento de Servizos Sociais e en colaboración do departamento de Emprego, botarán unha man a todas aquelas persoas que precisen axuda para a súa tramitación. Podes chamarnos directamente ao teléfono 986 677 740 ou pasarte directamente sen necesidade de cita previa polas nosas oficinas en horario de 9.00 a 14.00 horas.