CONCELLO DA ESTRADA CONVOCA AXUDAS DE APOIO Á ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2022-2023

O obxecto da convocatoria é regular o procedemento para a concesión de subvencións a familias residentes no concello da Estrada, para o financiamento dos gastos derivados da escolarización dos membros da unidade familiar para o curso 2022/2023 en centros educativos sostidos con fondos públicos, relativos a:

— Adquisición de libros de texto e material escolar curricular dos/as nenos/a matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil.

— Servizo de comedor das/os alumnas/os matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria.

 TIPOS DE AXUDAS.

— Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para a 2ª etapa de Educación Infantil. No concepto de material escolar inclúese todo o material preciso para o desenvolvemento do curso académico en función das obrigas de cada centro educativo e as súas técnicas de aprendizaxe.

— Axudas para o pago do comedor escolar (de setembro do 2022 a xuño do 2023, ambos incluídos) para alumnas/os matriculadas/os nos niveis de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria obrigatoria.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao dia seguinte da publicación da Bases da Convocatoria no Boletín Oficial de Provincia de Pontevedra e permanecerá aberto ata 20 días hábiles seguintes.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/07/11/2022046011