OS/AS MOZOS/AS NADOS EN 2004 poden SOLICITAR O BONO CULTURAL XOVE: 400€ para gozar da cultura!
En que se pode gastar? O bono novo cultural estará dividido en tres apartados, para fomentar o descubrimento e o acceso a diversas expresións culturais:
- 200 euros para artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais. Por exemplo, entradas e abonos para artes escénicas, música en directo, cinema, museos, bibliotecas, exposicións e festivais escénicos, literarios, musicais ou audiovisuais.
- 100 euros para produtos culturais en soporte físico: libros; revistas, prensa, ou outras publicacións periódicas; videoxogos, partituras, discos, CD, DVD ou Blu-ray.
- 100 euros para consumo dixital ou en liña: subscricións e alugueiros a plataformas musicais, de lectura ou audiolectura, ou audiovisuais, compra de audiolibros, compra de libros dixitais (e-books), subscrición para descarga de arquivos multimedia (podcasts), subscricións a videoxogos en liña, subscricións dixitais a prensa, revistas ou outras publicacións periódicas.
INFORMACIÓN PARA EMPRESAS QUE QUEIRAN ADHERIRSE: https://www.culturaydeporte.gob.es/destacados/bono-cultural-joven?fbclid=IwAR2EdS2B1LLWF0ZuICFWoFmf99OT7RCh1tusdTnoPI4V_M6fl8jLZu4LHc0
INFORMACIÓN PARA MOZOS/AS QUE QUEIRAN SOLICITALO: https://www.culturaydeporte.gob.es/destacados/bono-cultural-joven?fbclid=IwAR2EdS2B1LLWF0ZuICFWoFmf99OT7RCh1tusdTnoPI4V_M6fl8jLZu4LHc0
SOLICITUDES: https://bonoculturajoven.gob.es/?fbclid=IwAR3eDeVsq_I8lQSWgLUEgdNWs4HkPVj-uLyDHAGhnCLnGBE9AZc_pXbj3gI