DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA AXUDAS PARA IMPULSAR A FORMACIÓN DE MULLERES EN POSTOS DE TÉCNICAS E ADESTRADORAS NO ÁMBITO DEPORTIVO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2022

O obxecto desta convocatoria é fixar as bases reguladoras das axudas destinadas a mulleres empadroadas na provincia de Pontevedra para financiar estudos que lles dean acceso aos postos de adestradora ou de técnica en clubs deportivos.

Poderán beneficiarse desta convocatoria as mulleres que estean empadroadas na provincia de Pontevedra polo menos desde o 1 de xaneiro de 2022.

Considerarase gasto subvencionable aquel que, de maneira indubidable, responda á natureza da finalidade subvencionada. Terán esta consideración:

— Os gastos de matrícula dos diferentes títulos oficiais que dan acceso aos postos de adestradora ou de técnica nas diferentes modalidades; estes poderán impartilos as federacións deportivas (autonómicas ou estatais) ou os diferentes centros de ensinanzas deportivas de réxime especial iniciados en 2022. Os cursos poderán rematalos en 2022 ou comprender o ano lectivo 2022/2023

O prazo de presentación de solicitudes empezará a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Base de Datos Nacional de Subvencións, e finalizará o 1 de decembro de 2022.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/08/18/2022054630