AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS CONVOCA AXUDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS INDIVIDUAIS QUE FAVOREZAN A RECUPERACIÓN ECONÓMICA DO SECTOR (FONDOS EUROPEOS)

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais individuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2022 (código de procedemento CT207B).

Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (traballadoras autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes, dadas de alta cunha antigüidade mínima, e sen interrupcións, dun ano na epígrafe IAE 961.1, e con sucursal ou oficina permanente de polo menos un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia e cumpran os requisitos establecidos nestas bases.

Por produtora audiovisual independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física (autónoma) ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canal televisivo privado nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).

 A intensidade da axuda é do 100 % do gasto subvencionable.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220817/AnuncioG1097-010822-0001_gl.pdf