Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
ORDE do 27 de xaneiro do 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento IN317A).
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as empresas privadas que, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, realicen actividades reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e conten co título de carácter administrativo que resulte preceptivo para o desenvolvemento das ditas actividades ou, cando proceda, coa conformidade do órgano administrativo correspondente, todo o cal poderá ser comprobado de oficio pola Administración.
Serán subvencionables dúas liñas de actuación:
- Liña A: investimentos destinados a mellorar a calidade do ambiente atmosférico da zona afectada pola actividade mineira, en especial mediante a redución das emisións de po e ruído.
Liña B: investimentos destinados a mellorar as condicións laborais, en especial a redución da exposición ao po e ao ruído dos traballadores nos seus postos de traballo.
Destinarase o 50 % do crédito consignado para estas subvencións para as axudas da liña A e o 50 % para as axudas da liña B.
Unha vez finalizado o prazo de presentación e atendidas todas as solicitudes presentadas para unha das liñas de axudas (A ou B), o crédito sobrante destinarase a atender solicitudes que reúnan os requisitos da outra liña de axuda.
A intensidade máxima da axuda para actuacións da liña A nesta convocatoria non excederá o 60 % do investimento total subvencionable no caso de pequenas empresas, o 50 % do investimento total subvencionable no caso de medianas empresas e o 40 % do investimento total subvencionable no caso de grandes empresas, cun máximo de subvención de 300.000 euros.
A intensidade máxima da axuda para actuacións da liña B nesta convocatoria non excederá o 70 % do investimento total subvencionable no caso de pequenas empresas, o 60 % do investimento total subvencionable no caso de medianas empresas e o 50 % do investimento total subvencionable no caso de grandes empresas, cun máximo de subvención de 200.000 euros.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, comezará o décimo quinto día hábil posterior a aquel en que se publique esta orde no DOG e concluirá no mes de vencemento o día ordinal anterior ao día no que comezou o prazo.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210215/AnuncioG0596-290121-0003_gl.pdf