BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A COOPERATIVAS AGROGANDEIRAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA INVESTIMENTOS DURANTE O EXERCICIO 2023
Poderá solicitar estas axudas calquera cooperativa agrogandeira legalmente constituída da provincia de Pontevedra.
Son actuacións susceptibles de axuda as que apoien as entidades agrogandeiras en investimentos, proxectos e actuacións destinados á recuperación e posta en valor dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola e gandeiro que teñan como obxecto:
a) A comercialización, a transformación e a valorización das producións
b) A formación técnica e o asesoramento para desenvolver proxectos de investigación e innovación tecnolóxica
c) O uso das novas tecnoloxías e das enerxías renovables e o aforro enerxético
d) Investimentos para mellorar os servizos que presta a cooperativa:
- Axudas para a adquisición de terreos, para maquinaria agrícola, obras, construcións, equipos, instalacións, melloras en edificios e os seus accesos, equipamentos e sistemas informáticos, mobiliario e outros investimentos que sirvan para mellorar os servizos que prestan estas entidades
As axudas para maquinaria agrícola non serán compatibles con outras para o mesmo fin.
No caso de solicitudes para adquirir licenzas de software, estas só serán subvencionables cando as entidades beneficiarias as contabilicen como investimentos.
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria e do seu extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Base Nacional de Subvencións.
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2023/02/10/2023008538