INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO CONVOCA AXUDAS COMPLEMTARIAS AO DO PROGRAMA ALUGUEIRO DO BONO SOCIAL A PERSOAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Instituto Galego da Vivenda e Solo
RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2021 de concesión directa da axudas complementaria á do Programa do bono de alugueiro social destinado ao
alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero.

Contía da axuda e duración
1. A contía da axuda será polo importe non subvencionado da renda mensual do contrato de alugamento da persoa beneficiaria no marco do programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero. Porén, no caso de que tivesen recoñecida esta axuda no ano 2020, o importe mensual da axuda complementaria para o ano 2021 será a mesma que viñesen percibindo no ano 2020.

2. En ningún caso o importe desta axuda complementaria, conxuntamente coa axuda do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, poderá superar o límite máximo da renda do contrato de alugamento que figure no respectivo expediente, nin a axuda complementaria poderá exceder o importe máximo de axuda mensual previsto no artigo 5 da Orde do 11 de abril de 2019.

3. A axuda terá unha duración máxima de doce meses, desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2021.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210303/AnuncioC3Q2-260221-0001_gl.pdf