Presidencia da Xunta de Galicia
RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2023 (código de procedemento PR925A).
O obxecto desta resolución é establecer as bases dun programa de axudas económicas individuais e de carácter extraordinario, non periódico e social, para o ano 2023, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixido ás persoas emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega, e a determinados familiares, residentes nos países do estranxeiro nos que o Estado español teña fixada unha base de cálculo para a prestación por razón de necesidade no ano anterior ao da convocatoria e que se encontren en situación de precariedade económica. Están destinadas a cubriren as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria
O prazo de presentación das solicitudes será de trinta (30) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230331/AnuncioC3B0-220323-0001_gl.pdf