CONSELLERIA DE POLITICA SOCIAL CONVOCA PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DE ESTADÍAS E SERVIZOS NAS RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 4 de maio de 2023 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería no ano 2023 (código de procedemento BS419A).

Poderán ser beneficiarias todas as persoas integrantes dunha unidade familiar que teñan a súa residencia en territorio español.

Igualmente, poderán acollerse a esta orde os galegos e galegas residentes no exterior. Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgunha das dúas convocatorias anteriores.

Os servizos que se prestan nestas residencias no ano 2023 comprenderán o aloxamento e o mantemento en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias residentes, como se indica:

a) Servizo de aloxamento que inclúe a limpeza diaria.

b) Servizo de comedor en réxime de pensión completa que comprende o almorzo, o xantar e a cea.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230515/AnuncioG0657-050523-0001_gl.pdf