Axencia Instituto Enerxético de Galicia
RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023 pola que se aproba a convocatoria para o ano 2023 do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422O).
Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 3 da convocatoria, sempre que non realicen unha actividade económica pola que ofrezan bens ou servizos no mercado, e en concreto, os seguintes:
a) As entidades locais territoriais previstas no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local ou calquera outra entidade local ou supralocal, distinta das anteriores, legalmente constituída e dotada de personalidade xurídica propia.
b) Calquera entidade do sector público institucional de calquera Administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, así como as entidades de dereito privado ou organizacións privadas sen ánimo de lucro.
c) Agrupacións, asociacións, consorcios ou calquera outra forma de colaboración, con ou sen personalidade xurídica e sen actividade económica de calquera das figuras do artigo 16.2, punto 1 e 2 das bases reguladoras (Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro).
O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas, transcorridos 20 días hábiles desde a publicación da convocatoria de axudas no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de decembro de 2023, que, ao ser inhábil, se prorrogará ao día seguinte hábil (2 de xaneiro de 2024).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230616/AnuncioG0474-060623-0003_gl.pdf