XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS A EMPRESAS, AUTÓNOMOS/AS, ASOCIACIÓNS E FUNDACIÓNS DE GALICIA PARA O FINANCIAMENTO DE ACTUACIÓNS EN MATERIA DE RESIDUOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 26 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a empresas, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975R).

Con carácter xeral, poderán ser beneficiarias destas axudas, pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE (Regulamento xeral de exención por categorías), calquera que fose a súa forma xurídica que, cumprindo o establecido neste artigo, desenvolvan ou materialicen o proxecto ou actuación obxecto da subvención no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, así como as grandes empresas, que se entenderá que cumpren a dita condición ao non poder ser consideradas pemes, conforme o anexo I do Regulamento (UE) nº 651/214 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230807/AnuncioG0691-270723-0001_gl.pdf