As actividades para as cales se solicita a axuda terán que ser realizadas presencialmente no período comprendido, exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2024, ambos inclusive.
Requisitos das persoas solicitantes
1. Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario das universidades públicas que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado no curso 2023/24 como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, validados ou adaptados, en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos en 30 de setembro de 2023, excluídos tamén os recoñecidos, validados ou adaptados.
b) O curso de idiomas debe ser presencial, ter unha duración mínima de tres semanas, excluíndo as datas da viaxe, e un mínimo de 45 horas lectivas. O idioma que se desexe cursar deberá ser distinto do castelán e deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
2. Queda excluído desta convocatoria:
a) O alumnado que xa resultase beneficiario desta axuda en anteriores convocatorias.
b) O alumnado que, con nacionalidade distinta á española ou con dobre nacionalidade, realice a estadía no seu país de orixe ou nalgún do cal é nacional.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de marzo de 2024.
Ligazóns: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240109/AnuncioG0655-191223-0001_gl.html
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&langId=es_ES&codtram=ED416A