SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS DE MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS DOS ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS DE ALOXAMENTO E DE RESTAURACIÓN DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2024

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en adiante REAT), o establecemento turístico para o que se solicita a axuda.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ligazóns:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240117/AnuncioG0256-100124-0001_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU503A