AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL
RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G).
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ata o 2 de maio de 2024 ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso de que se produza con anterioridade a esa data.
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír a fomentar o uso da madeira como elemento estrutural mediante as seguintes liñas de apoio:
– Liña 1.1 (código de procedemento MR502B): axudas á redacción de proxectos de construción nova, rehabilitación ou reforma de vivendas en altura, naves e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
– Liña 1.2 (código de procedemento MR502D): axudas á redacción de proxectos de construción nova, rehabilitación ou reforma de vivendas unifamiliares que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
– Liña 2.1 (código de procedemento MR502F): axudas á utilización de produtos de madeira en obra nova, rehabilitación ou reforma de vivendas en altura, naves e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais
– Liña 2.2 (código de procedemento MR502G): axudas á utilización de produtos de madeira en obra nova, rehabilitación ou reforma de vivendas unifamiliares que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
– Para as liñas 1.1 (código de procedemento MR502B) e 2.1 (código de procedemento MR502F): as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) e as pequenas e medianas empresas, incluídas as persoas autónomas, que conten con domicilio social ou cun centro de traballo radicado en Galicia, e as cooperativas, asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro, que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
– Para as liñas 1.2 (código de procedemento MR502D) e 2.2 (código de procedemento MR502G): as persoas físicas, sexa de xeito individual ou unha pluralidade delas, que residan en Galicia.
As axudas que se outorguen ao abeiro destas bases concederanse en forma de subvención, como unha porcentaxe do custo subvencionable dentro dos límites de intensidade previstos para cada liña que se indican a seguir: a) Liñas 1.1 e 1.2.
A intensidade máxima de axuda será do 50 % do gasto subvencionable; porén, esta porcentaxe poderá verse incrementada:
• Nun 10 % se o solicitante asume o compromiso de que o proxecto inclúa a utilización de, cando menos, un produto de madeira ou derivado da madeira procedente de montes galegos xestionados de forma sustentable (PEFC ou FSC) e de que, igualmente, na execución da obra se empregue, cando menos, un produto que reúna estas características; para demostrar a dita orixe e calidade deberá garantir a súa rastrexabilidade mediante o uso da plataforma pública e gratuíta da Xunta de Galicia, denominada Fortra.
• Nun 10 % se o solicitante asume o compromiso de que o proxecto inclúa a utilización de, cando menos, un produto de madeira ou derivado da madeira que dispoña da marca de garantía Pino de Galicia e de que, igualmente, na execución da obra se empregue, cando menos, un produto que reúna estas características. Estas porcentaxes poderán ser acumulativas ata un 70 % do gasto subvencionable.
O importe máximo da subvención non superará en ningún caso os 35.000,00 euros para a liña 1.1 e os 15.000,00 euros para a liña 1.2. b) Liña 2.1.
A intensidade máxima de axuda será do 50 %; porén, esta porcentaxe poderá verse incrementada:
• Nun 10 % se se emprega, cando menos, un produto de madeira ou derivado da madeira que proceda de montes galegos xestionados de forma sustentable (PEFC ou FSC); para demostrar a dita orixe e calidade deberán garantir a súa rastrexabilidade mediante o uso da plataforma pública e gratuíta da Xunta de Galicia, denominada Fortra. CVE-DOG: ppv7agr0-fgp4-91a6-ayq0-3tzjr7tjjhf4
• Nun 10 % se se emprega, cando menos, un produto de madeira ou derivado da madeira que dispoña da marca de garantía Pino de Galicia. Estas porcentaxes poderán ser acumulativas até un 70 % do gasto subvencionable.
O importe máximo da subvención non superará, de modo xeral, os 20.000,00 euros; poderá incrementarse a súa contía ata:
• 30.000,00 euros, cando o solicitante declare responsablemente que os custos correspondentes aos produtos de madeira e a súa colocación con finalidade estrutural e dos sistemas de compartimentación, envolvente e acabamentos (excluíndo as carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabamentos interiores) suporán, cando menos, o 30 % dos custos de execución da obra finalizada.
• 40.000,00 euros, cando o solicitante declare responsablemente que os custos correspondentes aos produtos de madeira e a súa colocación con finalidade estrutural e dos sistemas de compartimentación, envolvente e acabamentos (excluíndo as carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabamentos interiores) suporán, cando menos, o 40 % dos custos de execución da obra finalizada. Adicionalmente, no caso de que a obra realizada teña a consideración de edificación en altura segundo a definición recollida no anexo XVI, a contía da subvención incrementará a súa contía en 20.000,00 euros por cada planta piso ou alta.
b) Liña 2.2. A intensidade máxima de axuda será do 50 %; porén, esta porcentaxe poderá verse incrementada:
• Nun 10 % se se emprega, cando menos, un produto de madeira ou derivado da madeira que proceda de montes galegos xestionados de forma sustentable (PEFC ou FSC); para demostrar dita orixe e calidade deberán garantir a súa rastrexabilidade mediante o uso da plataforma pública e gratuíta da Xunta de Galicia, denominada Fortra.
• Nun 10 % se se emprega, cando menos, un produto de madeira ou derivado da madeira que dispoña da marca de garantía Pino de Galicia. Estas porcentaxes poderán ser acumulativas até un 70 % do gasto subvencionable.
O importe máximo da subvención non superará, de modo xeral, os 20.000,00 euros; poderá incrementarse a súa contía ata: CVE-DOG: ppv7agr0-fgp4-91a6-ayq0-3tzjr7tjjhf4
• 30.000,00 euros, cando o solicitante declare responsablemente que os custos correspondentes aos produtos de madeira e a súa colocación con finalidade estrutural e dos sistemas de compartimentación, envolvente e acabamentos (excluíndo as carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabamentos interiores) suporán, cando menos, o 30 % dos custos de execución da obra finalizada.
• 40.000,00 euros, cando o solicitante declare responsablemente que os custos correspondentes aos produtos de madeira e a súa colocación con finalidade estrutural e dos sistemas de compartimentación, envolvente e acabamentos (excluíndo as carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabamentos interiores) suporán, cando menos, o 40 % dos custos de execución da obra finalizada.
chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240412/AnuncioG0520-050424-0001_gl.pdf