INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO
RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2024 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F).
Persoas e entidades beneficiarias
a) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila e de edificios existentes de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, así como das súas vivendas, ben sexan persoas físicas, ben persoas xurídicas de natureza privada.
b) As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal.
c) As persoas propietarias que, de forma agrupada, sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal, así como as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actuacións que motiva a concesión da subvención.
d) As sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil, así como polas persoas propietarias que conforman comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal, e por cooperativas en réxime de cesión de uso das súas vivendas.
e) As empresas arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas que acrediten a dita condición, mediante contrato vixente, que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto do programa.
Cando resulten beneficiarias persoas xurídicas de natureza privada, deberán declarar expresamente na solicitude que se encontran debidamente constituídas, conforme a normativa que lles resulte de aplicación.
Actuacións subvencionables
1. De conformidade co establecido no artigo 33 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, son actuacións subvencionables as de mellora ou rehabilitación que se realicen en vivendas unifamiliares ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva de uso vivenda.
No suposto de edificios de tipoloxía residencial colectiva exixirase que, polo menos, o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores, se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda.
2. As ditas actuacións deben cumprir os seguintes requisitos:
a) Conseguir unha redución de, polo menos, un 30 % no indicador de consumo de enerxía primaria non renovable, referida á certificación enerxética e, ademais, unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración da vivenda unifamiliar ou do edificio de, polo menos, un 35 %, se están situados en zonas climáticas D e E, ou dun 25 %, se están situados en zona climática C.
b) Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, así como contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas, no caso de que estas as requiran.
3. No caso de edificios suxeitos a algún nivel de protección por formar parte dun contorno declarado ou por razón do seu particular valor arquitectónico ou histórico en que estean limitadas as actuacións sobre os elementos que compoñen a envolvente térmica, non será necesario o cumprimento do requisito de redución de demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración. Non obstante, aqueles elementos da envolvente sobre os que se poida intervir deben cumprir cos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire, cando proceda, establecidos na táboa 3.1.1.a-HE1 e 3.1.3.a-HE1, do Documento básico DB HE de aforro de enerxía do Código técnico da edificación.
4. Así mesmo, os edificios en que se realizasen nos últimos catro anos intervencións de mellora da eficiencia enerxética en que poida acreditarse que se reduciu a demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración nunha porcentaxe igual ou superior á establecida no punto
2.a) anterior, quedan eximidos do cumprimento do requisito de redución de demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración. Cando nas ditas intervencións non se alcanzase unha redución igual ou superior á porcentaxe establecida, poderá considerarse satisfeito o requisito se coa consideración conxunta das actuacións realizadas nas citadas intervencións e as que se realicen na actuación obxecto da solicitude se alcanza a correspondente porcentaxe de redución de demanda establecida.
Para acreditar a dita circunstancia deberase achegar a correspondente certificación de eficiencia enerxética do edificio antes desas intervencións realizadas e, ademais, calquera documentación que acredite a realización das citadas intervencións, como poden ser autorizacións, proxecto ou memoria, certificado de final de obra, facturas, etc.
5. Ademais do indicado no punto 2, para que as actuacións sexan subvencionables deberanse cumprir os seguintes requisitos:
a) Dispoñer de proxecto das actuacións que se pretende realizar, no caso de que estas exixan proxecto. Para o caso de que as actuacións non exixan proxecto, será necesario xustificar nunha memoria subscrita por un técnico/a competente a adecuación da actuación ao Código técnico da edificación e demais normativa de aplicación. Non obstante, en ambos os casos deberá incluírse o libro do edificio existente para a rehabilitación ou, na súa falta, un estudo sobre o potencial de mellora do edificio en relación cos requisitos básicos definidos na Lei da ordenación da edificación e un plan de actuacións en que se identifique a actuación proposta.
O contido destes documentos deberá axustarse ao establecido no anexo I e no punto 2 do artigo 50 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro. O proxecto incluirá un estudo de xestión de residuos de construción e demolición que se desenvolverá posteriormente no correspondente plan de xestión de residuos de construción e demolición, consonte o establecido no Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición, onde se cumprirán as seguintes condicións: 1º. Polo menos, o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Lista europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532/EC) xerados no sitio de construción prepararase para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación doutros materiais, incluídas as operacións de recheo utilizando residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos e o Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE. Indicarase a porcentaxe do peso dos residuos non perigosos que se reutilizan, reciclan e recuperan no estudo de xestión de residuos. 2º. Os operadores deberán limitar a xeración de residuos nos procesos relacionados coa construción e demolición, de conformidade co Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE e tendo en conta as melloras técnicas dispoñibles e utilizando a demolición selectiva para permitir a eliminación e manipulación segura de substancias perigosas e facilitar a reutilización e reciclaxe de alta calidade mediante a eliminación selectiva de materiais, utilizando os sistemas de clasificación dispoñibles para residuos de construción e demolición. Así mesmo, establecerase que a demolición se leve a cabo preferiblemente de forma selectiva e a clasificación realizarase de forma preferente no lugar de xeración dos residuos. b) Apoiar a circularidade mediante os deseños dos edificios e as técnicas de construción e, en particular, demostrarán, con referencia á ISO 20887 ou outras normas para avaliar a capacidade de desmontaxe ou adaptabilidade dos edificios, como están deseñados para seren máis eficientes no uso de recursos, adaptables, flexibles e desmontables para permitir a reutilización e reciclaxe. Deberase demostrar o cumprimento da circularidade no proxecto. c) Retirar do edificio ou ámbito de actuación aqueles produtos de construción que conteñan amianto. A retirada deberá realizarse conforme o establecido no Real decreto 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto, por unha empresa legalmente autorizada. A xestión dos residuos orixinados no proceso deberá realizarse conforme o establecido no Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición. d) Contar cun certificado de eficiencia enerxética do edificio existente no seu estado actual, asinado por un técnico competente e debidamente rexistrado no Rexistro Galego de Eficiencia Enerxética de Edificios (en diante, RGEEE).
As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020 nin estar f inalizadas no momento da publicación desta convocatoria no DOG.
O prazo para executar as obras para a mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade nos edificios que se acollan ás axudas deste programa non poderá exceder os 26 meses, contados desde a data de concesión da axuda. O dito prazo poderase ampliar, excepcionalmente, ata 28 meses cando se trate de edificios ou actuacións que afecten 40 ou máis vivendas. Só poderá autorizarse unha ampliación dos ditos prazos para a execución das actuacións nos supostos determinados no artigo 35.6 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro.
Contía das axudas e custo subvencionable
1. De conformidade co artigo 34 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, a contía máxima da subvención que se concederá por edificio determinarase atendendo ao custo total das actuacións que se vaian desenvolver e non poderá superar os límites resultantes que se describen a continuación:
a) No caso de vivendas unifamiliares, a cantidade obtida de multiplicar a porcentaxe máxima da subvención polo custo das actuacións, ata o importe máximo por vivenda, establecidos na táboa deste ordinal, en función do nivel de aforro en consumo de enerxía primaria non renovable conseguido mediante a actuación. b) No caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva, a cantidade obtida de multiplicar a porcentaxe máxima da axuda polo custo das actuacións, ata o importe máximo obtido de multiplicar o número vivendas polo importe máximo por vivenda incrementado, de ser o caso, pola contía de axuda por metro cadrado de superficie construída sobre rasante de local comercial ou outros usos distintos a vivenda, establecidos na táboa deste ordinal, en función do nivel de aforro en consumo de enerxía primaria non renovable conseguido mediante a actuación.
b) No caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva, a cantidade obtida de multiplicar a porcentaxe máxima da axuda polo custo das actuacións, ata o importe máximo obtido de multiplicar o número vivendas polo importe máximo por vivenda incrementado, de ser o caso, pola contía de axuda por metro cadrado de superficie construída sobre rasante de local comercial ou outros usos distintos a vivenda, establecidos na táboa deste ordinal, en función do nivel de aforro en consumo de enerxía primaria non renovable conseguido mediante a actuación.
(CONSULTAR CADRO ORDE)
Dentro dos límites establecidos na táboa anterior, poderán considerarse subvencionables os custos de xestión inherentes ao desenvolvemento das actuacións e os gastos asociados, os honorarios dos profesionais intervenientes na xestión e desenvolvemento das actuacións, o custo da redacción dos proxectos, informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. Non se consideran custos subvencionables os correspondentes a licenzas, taxas, impostos ou tributos. Non obstante, o IVE poderá ser considerado elixible, sempre e cando non poida ser susceptible de recuperación ou compensación total ou parcial.
Axuda adicional por vulnerabilidade económica
De conformidade co disposto no artigo 34.3 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, cando se identifiquen situacións de vulnerabilidade económica nalgunha das persoas físicas propietarias ou usufrutuarias das vivendas, e de acordo cos criterios establecidos na Comisión bilateral de seguimento, poderá concederse unha axuda adicional, que poderá alcanzar ata o 100 % do custo da actuación imputable á dita persoa propietaria ou usufrutuaria.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG).
Se precisas máis información desde o departamento de emprego do Concello da Estrada proporcionarémoscha. Podes chamarnos ao teléfono 986 677 740 ou pasarte polas nosas oficinas sen necesidade de cita previa en horario de 9.00 a 14.00 horas.
Na Estrada son varios os despachos técnicos que nos manifestaron a súa disposición para axudarche a tramitar a axuda, aquí tes a LISTAXE PERSOAL TÉCNICO
chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240711/AnuncioC3Q2-050724-0003_gl.pdf