NOVIDADES DENTRO DA LIÑA DE AXUDAS DO KIT DIXITAL PARA OS/AS AUTÓNOMOS/AS E AS EMPRESAS ENTRE 0 E MENOS DE 3 PERSOAS EMPREGADAS (2)

Red.es modifica as bases de Kit Dixital e amplía a axuda para o segmento III
 
Esta modificación amplía a contía do bono para as empresas do segmento III (empresas entre 0 e menos de 3 empregados) e inclúe a categoría de Posto de Traballo Seguro que incorpora hardware
 
No marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a axenda España Dixital 2026 e o Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025
 
1.000 euros máis de axuda para o segmento de microempresas e autónomos/as
 
Coa modificación da orde de bases do Programa Kit Dixital inclúese un aumento da contía da axuda para as empresas pertencentes ao segmento III, aquel composto por empresas de entre 0 e menos de 3 empregados. Actualmente, a contía da axuda é de 2.000 euros e pasa a ser de 3.000 euros. Este aumento da axuda terá carácter retroactivo, é dicir, poderán solicitala aquelas empresas beneficiarias do segmento III que xa a pediron con anterioridade e mesmo se xa consumiron o seu bono dixital, garantindo así, os principios de igualdade de trato, non discriminación e transparencia.
 
A solicitude da axuda coa nova contía poderá realizarse unha vez se habilite o formulario de solicitude no mes de xuño. A partir dese momento, as empresas do segmento III poderán solicitar a axuda de 3.000 euros. Se xa foi beneficiario/a, e quere solicitar a ampliación de 1000 euros, o proceso será moi sinxelo: só debe entrar no seu expediente, seleccionar o botón habilitado para iso e asinar esa conformidade. Neste caso, a concesión é automática.
 
Nova solución: Posto de Traballo Seguro Con esta modificación da Orde de Bases, actualízase tamén o Catálogo de Solucións de Dixitalización para este segmento III e créase a solución «Posto de traballo seguro» que inclúe un dispositivo hardware que debe ter integrado no produto e no prezo, unha licenza que cumpra cos requisitos establecidos para a categoría X, de Ciberseguridade, ademais dun encriptado/cifrado en repouso, que asegure a privacidade dos datos e documentos almacenados no dispositivo. Con esta categoría preténdese favorecer a automatización de tarefas, a xestión eficiente dos datos e a comunicación fluída.
 
O obxectivo é mellorar a produtividade e a competitividade deste segmento nunha contorna segura. A contía máxima subvencionable para esta solución é de 1.000 euros, sendo subvencionables computadores portátiles ou computadores de sobremesa novos, que deberán cumprir uns requisitos mínimos en canto a almacenamento, procesador, memoria RAM, sistema operativo, entre outros requisitos que recolle ao completo a Orde de Bases e que se pode consultar nesta ligazón, ademais de en Acelera peme.
 
Co obxectivo de seguir contribuíndo a que as microempresas e autónomos/as continúen o seu proceso de transformación dixital, as que resulten beneficiarias da axuda deste segmento por primeira vez, xa dispoñendo dos 3.000 euros, e que queiran implantar a solución de Posto de Traballo Seguro, deberán combinala con outra solución adicional das que inclúe o Catálogo. Unha vez publicada a actualización das bases, os axentes digitalizadores adheridos poderán actualizar a súa oferta de solucións do Catálogo e os que non o fixeron poderán adherirse por primeira vez. A adhesión como axentes digitalizadores estará aberta durante toda a duración do Programa.
 
 
As medianas empresas, novas beneficiarias do Programa Nesta modificación inclúense ademais as medianas empresas como novas beneficiarias da axuda de Kit Dixital e establécense dous novos segmentos en función do número de empregados/as.
 
Por unha banda, o segmento IV, que estará formado por empresas de entre 50 e menos de 100 empregados cuxa contía da axuda será de 25.000 euros e, por outra banda, o segmento V composto por empresas de entre 100 e menos de 250 empregados para os que o bono dixital será de 29.000 euros.
 
A solicitude para medianas empresas poderase realizar unha vez se publíque a convocatoria correspondente e posteriormente, se abra o formulario de solicitude.
 
Está previsto que sexa no último trimestre do ano 2024.
 
Programa Kit Dixital O programa Kit Dixital é unha iniciativa do Goberno de España e xestionada por Red.es – entidade adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública a través da Secretaría de Estado para a Dixitalización e Intelixencia Artificial- que ten como obxectivo promover a dixitalización de medianas e pequenas empresas, microempresas e autónomos/as, e contribuír a modernizar o tecido produtivo español.
 
Está dotado cun orzamento de 3.067 millóns de euros, financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a axenda España Dixital 2026 e o Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025, e ten o obxectivo de dixitalizar a pemes e autónomos de todos os sectores produtivos en todo o territorio nacional.
 
CÓMO SOLICITAR O KIT DIXITAL?
 
- Rexístate na plataforma Acelera peme e realiza o test de diagnóstico dixital para comprobar o teu nivel de dixitalización: https://www.acelerapyme.gob.es/quieres-conocer-el-grado-de-digitalizacion-de-tu-pyme
- Consulta as solucións de dixitalización dispoñibles que mellor se adapten ás necesidades do teu negocio e o catálogo de axentes digitalizadores que che ofrecen eses servizos: https://www.acelerapyme.gob.es/kit-digital/catalogo-digitalizadores
- Presenta a solicitude de axuda na sede electrónica de Red.es (sede.rede.gob.es) se cumpres os requisitos requiridos: https://sede.red.gob.es/
Unha vez concedido o bono, elixe un axente digitalizador autorizado e asina un acordo para que xestione as solucións dixitais que elixises.
 
Cales son os requisitos?
- Ser unha pequena empresa, microempresa ou autónomo.
- En futuras convocatorias tamén se incluirán as medianas empresas.
- Cumprir os límites financeiros que definen as categorías de empresa
- Estar en situación de alta coa antigüidade mínima que se establece en cada convocatoria
- Non estar considera unha empresa en crise Estar ao corrente das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social
- Non superar o límite de axudas de pequena contía