INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2024 pola que se da publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a mellora da capacidade de innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas en Galicia, a través da aplicación de servizos de innovación, programa Tícket Innova para o ano 2025, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408K).
Persoas beneficiarias
As pequenas e medianas empresas galegas (pemes) ou cun centro de traballo en Galicia. Para os efectos das presentes bases, consideraranse pemes as empresas que, na data da solicitude, respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 e con forma xurídica de sociedade mercantil.
Existen 6 modalidades de tíckets Innova:
a) Estratexia e xestión da innovación.
– Estudos de viabilidade tecnolóxica e industria.
– Estudos de vixilancia tecnolóxica e estado da técnica.
– Auditoría/consultoría en produto/servizo.
– Estudos de mercado, ensaios, análese e validación experimental de novos prototipos de novos produtos e/ou servizos, procesos piloto, novos métodos ou materiais.
– Obtención de certificacións de normas oficiais vinculadas á actividade innovadora. – Asesoramento para a identificación, monitorización e acompañamento de licitacións de CPI (compra pública de innovación).
– Actividades de deseño industrial, enxeñaría e posta a punto de novos sistemas de produción vinculados a novos produtos, procesos ou servizos diferenciadores.
b) Deseño para a innovación.
– Conceptualización e deseño de novos produtos e servizos diferenciais.
– Deseño de marca e identidade corporativa.
c) Xestión da protección do coñecemento da innovación.
– Asesoramento na xestión da protección do coñecemento da innovación industrial, patentes, marcas comerciais e deseños industriais, etc.
d) Certificacións para as deducións fiscais en I+D+i.
e) Preparación de propostas a programas e axudas europeas.
f) Deseño de novos procesos ou servizos baseados en tecnoloxías dixitais emerxentes.
– Realidade aumentada, a impresión 3D, a automatización avanzada e robótica, así como internet das cousas ou sistemas intelixentes embebidos.
O prazo de presentación das solicitudes de axuda comezará a computarse 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2025 ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250113/AnuncioO92-171224-0001_gl.pdf