DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA SUBVENCIÓNS ÁS COOPERATIVAS AGROGANDEIRAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Son actuacións susceptibles de axuda as que apoien as entidades agrogandeiras en proxectos destinados á recuperación e posta en valor dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola e gandeiro que teñan como obxecto:

a) A comercialización, a transformación e a valorización das producións

b) A formación técnica e o asesoramento para desenvolver proxectos de investigación e innovación tecnolóxica

c) O uso das novas tecnoloxías, das enerxías renovables e o aforro enerxético

d) Investimentos para mellorar os servizos que presta a cooperativa:

— Axudas para a adquisición de terreos para aumentar a base territorial das instalacións cooperativistas

— Axudas para investir en maquinaria agrícola, obras, construcións, equipamentos, instalacións, reparacións en edificios e os seus accesos

— Axudas para adquirir equipamentos e sistemas informáticos, mobiliario e outros investimentos que sirvan para mellorar os servizos que prestan estas entidades

As axudas para maquinaria agrícola non serán compatibles con outras para o mesmo fin.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria e do seu extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/04/09/2021017824