CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL
ORDE do 13 de xuño de 2025 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2024/25 (código de procedemento ED311F).
Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño (código de procedemento ED311F) para o alumnado que finalizase as ensinanzas profesionais de Música, de Danza ou de ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño, no curso 2024/25, nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos establecidos nesta orde.
Poderase conceder ata un máximo de seis premios extraordinarios, coa seguinte distribución:
tres (3) premios no ámbito de música,
un (1) no ámbito de danza
dous (2) no ámbito de artes plásticas e deseño.
Non se poderá conceder máis dun premio por especialidade no ámbito de música ou por familia profesional no ámbito de artes plásticas e deseño.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de xullo de 2025.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250630/AnuncioG0761-180625-0001_gl.pdf