CONCELLO DA ESTRADA: CONVOCATORIA DAS AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS 2020

*AS AXUDAS TRAMITARANSE A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA, CUMPRIMENTANDO UNHA INSTANCIA XERAL Á QUE SE LLE ENGADIRÁN COMO DOCUMENTOS ADXUNTOS, OS ANEXOS DE SOLICITUDE.

*Debe facerse a través de Google Chrome.


PARA PRESENTAR A SOLICITUDE DE FORMA PRESENCIAL, DEBERASE PEDIR CITA PREVIA CHAMANDO AO TELÉFONO 986 677 740

O PRAZO DE SOLICITUDE COMEZA O MARTES 14 E EXTÉNDESE ATA O LUNS 27 DE ABRIL (10 DÍAS HÁBILES)

Empresas beneficiarias:

Poderán acollerse a estas axudas o empresariado individual e as pequenas e medianas empresas (pemes), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019 (enténdese por inicio da actividade a alta no imposto de actividades económicas -IAE-).

Requisitos xerais que deben cumprir as empresas beneficiarias

• Que a empresa teña o seu domicilio fiscal e social na Estrada.

• Que a empresa sexa viable técnica, económica e financeiramente.

• Que sexa unha empresa de nova creación dentro dos tres sectores produtivos. Considéranse incluídos neste concepto os traspasos de negocios que non teñan vinculación familiar.

• Que nin a empresa nin ningunha das súas persoas socias teñan débedas coa Seguridade Social, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) nin co Concello da Estrada.

• Non poderán obter a condición de beneficiarias o empresariado e as pemes que concorran nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10, apartados 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Tipo, contías das axudas e gastos subvencionables

As axudas son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e do funcionamento da empresa. O importe máximo destas axudas é de 2 000 € por empresa e a axuda non poderá superar a contía total do investimento inicial realizado polas persoas promotoras.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días, contados desde o día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. (27 DE ABRIL)

BASES

DESCARGAR ANEXO I (odt)

DESCARGAR ANEXO I (doc)

DESCARGAR ANEXO II (odt)

DESCARGAR ANEXO II (doc)

DESCARGAR ANEXO III (odt)

DESCARGAR ANEXO III (doc)

DESCARGAR ANEXO IV (odt)

DESCARGAR ANEXO IV (doc)

DESCARGAR ANEXO V (odt)

DESCARGAR ANEXO V (doc)