Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
ORDE do 25 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán de 2026 (código de procedemento ED416A).
REQUISITOS:
a) Estar matriculado no curso 2025/26, como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, validados ou adaptados, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos en 30 de setembro de 2025, excluídos tamén os recoñecidos, validados ou adaptados.
b) O curso de idiomas debe ser presencial, ter unha duración mínima de tres semanas, excluíndo as datas da viaxe, e un mínimo de 45 horas lectivas. O idioma que se desexe cursar deberá ser distinto do castelá e deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
As actividades para as cales se solicita a axuda terán que ser realizadas presencialmente no período comprendido, exclusivamente, entre o 1 de xuño e o 31 de agosto de 2026, ambos incluídos.
A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será de 1.200 euros para estadías realizadas en países de Europa e de 1.500 euros para estadías no resto do mundo.
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 3 DE MARZO DE 2026
LIGAZÓN DIRECTA AO PROCEDEMENTO: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED416A
