NON DEIXES DE PARTICIPAR NESTE PROXECTO!!!!!
Acción contra el Hambre- Galicia en colaboración co Concello da Estrada pon á túa disposición de maneira TOTALMENTE GRATUÍTA, esta ferramenta que che permitirá poder ACADAR UN EMPREGO DE CALIDADE.
Nova OPORTUNIDADE PARA MELLORAR A TÚA EMPREGABILIDADE:
Efecto Emprega é un proxecto de inclusión sociolaboral consistente na creación deitinerarios/equipos de traballo formados PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN DESEMPREGADAS OU CON EMPREGO PRECARIO, que ten por obxectivo mellorar as súas habilidades e competencias persoais, sociais e laborais coa finalidade última de promover o acceso ao mercado de traballo ou o seu posicionamento no mesmo.
O proxecto consiste no desenvolvemento de 5 equipos/itinerarios, coas que se leva a cabo intervención entre 2 e 6 meses aproximadamente.
Constitúe unha nova maneira de axudarlles, xa que favorece o desenvolvemento e mellora de competencias claves para o emprego como a motivación, o autocoñecemento, a comunicación ou a negociación a través deferramentas de coaching, acompañamento individualizado, voluntariado corporativo e intermediación con empresas.
As persoas participantes melloran as súas habilidades sociais e as súas competencias para o emprego. Unha parte da súa aprendizaxe é saber preparar un bo currículo ou facer unha boa entrevista, pero a maior parte supón coñecer as súas potencialidades, saber que obxectivo profesional queren alcadar, motivarse e mellorar asúa autoestima.
O número total de persoas a atender é de 61 e que deben cumplir un dos factores de exclusión da Lei de Inclusión.
O programa levarase a cabo ata o 2027.
Se estás interesado/a en participar neste proxecto, ponte en contacto co departamento de Emprego do Concello da Estrada, pasándote directamente polas nosas oficinas ou chamándonos ao teléfono 986 677 740 en horario de 9.00 a 14.00 horas,
Tamén podes contactar directamente coa técnica do programa no enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 648 102 178
