DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA A DÉCIMA EDICIÓN DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE, ANO 2026

26. 03. 03

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DA DÉCIMA EDICIÓN DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE, ANO 2026

Sen prexuízo do establecido nas bases específicas de cada categoría, poderán optar a estes premios as persoas físicas e xurídicas que cumpran os requisitos detallados a continuación para cada categoría:

a) Categorías 4 (investigación), 7 (traballo literario breve), 8 (banda deseñada), 9 (fotografía orixinal) e 10 (deseño e moda). Unicamente poden participar:

• Persoas físicas: mozas e mozos de entre 15 e 35 anos empadroados nalgún concello da provincia de Pontevedra.

b) Categoría 1 (iniciativas xuvenís). Está dirixida a:

• Persoas físicas: mozas e mozos de entre 15 e 35 anos empadroados nalgún concello da provincia de Pontevedra.

• Grupos informais: integrados por un mínimo de dúas e un máximo de oito persoas. Polo menos, o 75 % destas deberán ter entre 15 e 35 anos e estar empadroadas nalgún concello da provincia de Pontevedra.

• Asociacións estudantís: legalmente constituídas e inscritas no rexistro de entidades correspondente, con sede social nalgún concello da provincia de Pontevedra. Como mínimo o 75 % das persoas que desenvolvan o proxecto deberán ter entre 15 e 35 anos.

• Asociacións xuvenís: entidades sen ánimo de lucro, non sometidas a ningún réxime asociativo específico, con sede social ou delegación na provincia de Pontevedra. Como mínimo o 75 % das persoas que desenvolvan o proxecto social deberán ter entre 15 e 35 anos. Deberán acreditar a súa inscrición no Censo de Entidades Xuvenís da Xunta de Galicia ou en calquera outro rexistro oficial específico para entidades xuvenís.

c) Categoría 2 (iniciativa empresarial). Está dirixida a:

• Persoas físicas: mozas e mozos de entre 15 e 35 anos empadroados nalgún concello da provincia de Pontevedra. Deberán estar dados de alta no réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos (RETA) cunha antigüidade mínima dun mes respecto da data de publicación destas bases.

• Persoas xurídicas: deberán ter a sede social na provincia de Pontevedra, legalmente constituídas e inscritas no rexistro público correspondente; a súa actividade levar en funcionamento, como mínimo, un mes no momento da convocatoria; e o 75 % dos membros, polo menos, da súa xunta directiva ou das administradoras ter entre 15 e 35 anos.

d) Categoría 3 (educación en valores). Unicamente poden participar:

• Centros públicos de ensino da provincia de Pontevedra en cuxos proxectos participen alumnas e alumnos con idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos.

e) Categoría 5 (contido audiovisual). Está dirixida a:

• Persoas físicas: mozas e mozos de entre 15 e 35 anos empadroados nalgún concello da provincia de Pontevedra.

• Grupos informais: integrados por un mínimo de dúas e un máximo de oito persoas. Polo menos o 75 % destas deberán ter entre 15 e 35 anos e estar empadroadas nalgún concello da provincia de Pontevedra.

f) Categoría 6 (traballo musical). Está dirixida a:

• Persoas físicas: mozas e mozos de entre 15 e 35 anos empadroados nalgún concello da provincia de Pontevedra.

• Grupos musicais: polo menos o 75 % das persoas integrantes deberán ter entre 15 e 35 anos e estar empadroadas nalgún concello da provincia de Pontevedra.

g) Categoría 11 (iniciativas xuvenís dos concellos). Está dirixida a:

• Concellos da provincia de Pontevedra: con ou sen oficina municipal de información xuvenil (OMIX) que desenvolvan iniciativas innovadoras dirixidas á mocidade.

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación complementaria será de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) e do seu extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/03/02/2026010661