COÑECES AS VANTAXES QUE CHE DAMOS NA ESTRADA PARA EMPRENDER?

22. 01. 25

1.- O Concello da Estrada conta cun VIVIERO DE EMPRESAS DE TITULARIDADE MUNICIPAL. O mesmo conta con 10 espazos totalmente acondicionados, alén dunha Sala de Xuntas e diferentes departamentos para a celebración de reunións e eventos. 

Está ubicado en pleno centro da vila, con acceso directo a varias zonas de aparcamento. 

OBXECTIVOS XERAIS:

• Contribuír ao nacemento, arranque e consolidación de novas empresas.
• Favorecer a xeración de postos de traballo.
• Promover a diversificación da estrutura produtiva local, favorecendo a instalación de empresas de carácter innovador.
• Crear un medio idóneo -en condicións de prezos e servizos- que permita ás iniciativas empresariais desenvolver o seu Plan de Empresa para que, cun tempo de estancia limitado, estean en situación de competir e actuar en condicións do mercado.
• Ser un instrumento de apoio eficaz para aquelas iniciativas empresariais que, polas características da súa actividade, non precisan dun gran espazo físico de ubicación, pero si da infaestrutura, a loxística e os servizos que oferta o Viveiro de Empresas.
• Contribuír ao desenvolvemento e á dinamización do Concello da Estrada e das instalacións do Novo Mercado.

 

QUÉ CHE OFRECEMOS:

• Mobiliario para os postos de traballo (mesa, silla, caixoneira e estantería).
• Sala de reunións / Aula formativa (equipadas con mesas, sillas e retroproxector e/ou pantalla).
• Servizo de recepcionista en horario de oficina (opcional, en función dos recursos humanos dispoñibles por parte da Concellería de Promoción Económica e a Fundación Cultural).
• Iluminación.
• Climatización.
• Limpeza e mantemento.
• Equipo de autoreprografía (impresión e fotocopiadora), fax e escáner.
• Liña telefónica.
 
 
CUSTE TOTAL DO SERVIZO: 50 EUROS MENSUAIS TODO INCLUÍDO
 
 
2.- AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS.
 
Cada ano desde o Concello da Estrada convocamos unha axuda a fondo perdido de ata 2.000 euros para todas aquelas persoas físicas e/ou xurídicas que den de alta a súa actividade empresarial no noso municipio no ano inmediatamente anterior.
 
Este ano está previsto que a convoquemos sobre o mes de marzo/abril.
 
3.- DEPARTAMENTO DE EMPREGO.
 
Desde o departamento de emprego do Concello da Estrada botámosvos unha man tanto na tramitación e información das diferentes axudas ás que tedes dereito, como en toda a información referente á creación da túa empresa.
 
Atendemos sen necesidade de cita previa, de maneira presencial no 1º andar da casa consistorial e telefónicamente en horario de 9.00 a 14.30 horas no 986 677 740.
 
Tes toda a información no noso portal: www.emprego.aestrada.gal