NOVIDADES RELATIVAS AO COBRO DO SUBSIDIO POR DESEMPREGO A PARTIRES DO 1 DE XANIERO DE 2023

23. 02. 09

1) SOBE A CONTÍA MÍNIMA DA PRESTACIÓN: Desta forma a contía mínima de prestacións por desemprego para 2023 será de 560 euros (sen fillos) e de 749 para persoas con fillos ao seu cargo.

2) SOBEN AS CONTÍAS MÁXIMAS: A  máxima pasa a  1.225 euros para persoas sen fillos, de 1.400 euros para persoas cun fillo e de 1.575 euros para persoas con máis dun fillo ao seu cargo.

3) AUMENTA A CONTIA A PERCIBIR A PARTIRES DO DÍA 181: Así, a contía da prestación por desemprego durante os primeiros 180 días será o 70 % da base reguladora, a partir do día 181 será o 60 % da devandita base (ata o de agora era do 50%)

4) SUBA DO SUBSIDIO POR DESEMPREGO E A RAI (RENDA ACTIVA DE INSERCIÓN): Ata o de agora atópabanse fixadas en 463,21 euros, isto é, o 80% dos 579,02 euros do IPREM. A partires do 1 de xaneiro alcanzaranse os 480 euros ao mes. Lembremos, de novo, o 80% de 600 euros.

5) INCREMENTO SUBSIDIO PARA PERSOAS MAIORES DE 52 ANOS: Os/as beneficiarios/as do subsidio para maiores de 52 anos, alcanzarán os 480 euros. O ano pasado cífrabase en 436,21 euros mensuais, debido a que se toma como referencia a subida do IPREM reflectida na nova Lei dos Orzamentos Xerais do Estado.

6) NOVIDADE PARA AS PERSOAS TRABALLADORAS FIXAS DISCONTINUAS: desde o pasado 3 de marzo, tamén poden acceder a esta axuda de carácter contributivo (subsidio para persoas maiores de 52 anos) os empregados fixos descontinuos, posto que o Consello de Ministros aprobou a modificación do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social para igualar o acceso ao subsidio para maiores de 52 anos dos traballadores fixos descontinuas. Este cambio supón que ata 18.000 contribuíntes poidan beneficiarse desta medida cada mes.