A Plataforma para a Saúde Mental e a Empregabilidade Xuvenil é un espazo virtual e gratuíto que sensibiliza a mozos en desemprego ou precariedade laboral sobre o coidado da súa saúde mental e asesóralles en sesións adaptadas a cada necesidade.
En setembro seguen as sesións grupais, en horario de mañá, sobre autocoidado e xestión de do estrés na procura de emprego. Poden rexistrarse mozos de 16 a 35 anos en desemprego ou con contratos precarios, nesta ligazón: bit.ly/SaludMentalJoven_Inscripcion Inclúe recursos exclusivos e asesoría individual. Se te rexistras, o código do Concello da Estrada é: PSM-estrada
Ademais, o próximo 29 de setembro celebrarase o seguinte webinar: ‘Mellora o teu benestar emocional durante a procura de emprego‘ e poderá seguirse en directo en Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=zbCIx1sdvM8
Este proxecto está desenvolto pola área de Emprego e Inclusión Social da Fundación Santa María a Real e conta coa colaboración e financiamento do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. O Concello da Estrada participa como entidade colaboradora.