Este é un programa de carácter formativo para que persoas emprendedoras ou negocios xa consolidados poidan mellorar os seus procesos, facer unha viabilidade do proxecto ou implantar innovacións nos seus produtos e servizos con carácter tecnolóxico e dixital.
A quen vai dirixido?
O Programa de Crecemento Empresarial está dirixido ás persoas emprendedoras ou negocios da provincia de Pontevedra que cumpran os seguintes requisitos:
- Persoas que acaban de iniciar a actividade do seu proxecto e buscan impulsalo ou aquelas que buscan consolidalo, reorientalo ou lanzar novas liñas de negocio, tendo este o domicilio social e principal na provincia de Pontevedra, ou en caso de non estar constituído, a persoa responsable debe ser residente na provincia de Pontevedra.
- Preparación técnica para desenvolver o proxecto de crecemento e consolidación; e unha gran motivación e compromiso co Programa.
- Interese real en mellorar as súas capacidades habilidades para facer medrar e consolidar o seu proxecto empresarial.
- Ter dispoñibilidade e compatibilidade para asistir as actividades.
A iniciativa contará cun itinerario de formación que incluirá, por un lado, sesións de formación grupais e mentorings, dinámicas e innovadoras, que permitan potenciar ao máximo os proxectos e ao mesmo tempo, favorecer a colaboración e a creación de sinerxias coas persoas participantes. E, por outro lado, sesións de asesoramento personalizado e individualizado, co equipo asesor de SmartPeme, que lles axudará con temas específicos vinculados á competitividade, o emprendemento, a identidade corporativa ou as TIC, entre outros aspectos.
Unha parte das distintas sesións formativas impartirase de forma presencial e outra parte de forma online, en función das necesidades das persoas participantes. Ademais, aquelas accións formativas presenciais terán lugar no Viveiro de Empresas de Lalín, lugar no que se atopa unha das oficinas de SmartPeme, o que posibilita colaborar no fomento do emprendemento rural, fundamental para favorecer a creación dunha economía social e sostible.
As accións formativas comprenderán áreas coma: finanzas, desenvolvemento empresarial, identidade corporativa gráfica, marketing ditixal, ecommerce, team building e liderado ou comunicación.
A formación comezará o 4 de decembro e durará ata o 16 de febreiro de 2024 e non ten custe.
O prazo para inscribirse remata o día 30 de novembro ás 00 horas.
Se necesitades máis información, non dubidedes en chamar ao 886 21 73 60.