RENOVACIÓN DA AXUDA AO ALUGUEIRO DO PLAN ESTATAL PARA O ACCESO Á VIVENDA

24. 02. 22

Esta axuda diríxese a TODAS AQUELAS PERSOAS QUE TEÑAN CONCEDIDA A AXUDA AO ALUGUEIRO CON ANTERIORIDADE A CONVOCATORIA DE ESTE ANO.

Documentación para a presentación

- Solicitude segundo o Anexo III: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23801390

- Anexo II, de declaración responsable das persoas integrantes da unidade de convivencia da persoa solicitante e comprobación dos datos necesarios para a tramitación do procedemento, no caso de que a unidade de convivencia estea integrada por máis dunha persoa: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23814793

- Xustificante de empadroamento conxunto de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia.

- Declaración da persoa arrendadora da vivenda de que a persoa inquilina non ten ningunha reclamación pendente por falta de pagamento das rendas e/ou das subministracións.

- Declaración formalizada polas persoas asinantes do contrato de alugamento de que este se prorrogará nas mesmas condicións, de ser o caso.

 
- Documentación xustificativa dos ingresos percibidos pola unidade de convivencia, no caso de non presentar declaración do IRPF ou percibir algunha das rendas exentas previstas no artigo 7 da Lei 35/2006, do 28 de novembro:

      1ª. Certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta no exercicio económico previsto na correspondente convocatoria, de ser o caso.

     2ª. Certificado de pensións ou prestacións periódicas, emitido polo correspondente organismo oficial, no caso de non ser outorgadas polo Instituto Nacional da Seguridade Social (en diante, INSS) relativo ao exercicio económico previsto na correspondente convocatoria, de ser o caso.

     3ª. Certificados bancarios de rendimientos de capital mobiliario, de ser o caso.

     4ª. Certificado da contía percibida pola renda de integración social de Galicia, de ser o caso.

- Copia da declaración similar á do IRPF autenticada pola correspondente delegación consular e, de ser o caso, o certificado acreditativo de equivalencia en euros do importe declarado, no caso de ingresos obtidos no estranxeiro.

- No caso de que algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español e non poidan dispoñer dela:

     1ª. Convenio regulador de separación ou divorcio ou sentenza que acredite dita circunstancia, de ser o caso.

     2ª. Documentación que acredite que a persoa solicitante ou algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia non poden habitar a vivenda por calquera outra causa allea á súa vontade, de ser o caso.

     3ª. Informe técnico que xustifique a inaccesibilidade da vivenda por razón da discapacidade da persoa solicitante ou dalgunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, de ser o caso.

- No caso de que a persoa solicitante ou algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias da parte alícuota dunha vivenda en territorio español, documentación acreditativa de que foi obtida por transmisión mortis causa.

O PRAZO PARA REALIZAR A SOLICITUDE REMATA O 1 DE ABRIL DE 2024

*NOTA: MENTRES NON REALICES A SOLICITUDE DA RENOVACIÓN DA AXUDA, A MESMA NON CHE ESTÁ SENDO ABOADA, POLO QUE NON DEMORES EN FACELO. UNHA VEZ A PRESENTES E SE SEGUES A REUNIR OS REQUISITOS, PAGARASECHE CON CARÁCTER RETROACTIVO A DATA 1 DE XANEIRO DE 2024 I IMPORTE ÍNTEGRO DAS RENDAS ABOADAS.

Se precisas axuda para a súa tramitación desde o departamento de emprego botámosche unha man, podes pasarte polas nosas oficinas sen necesidade de cita previa ou chamarnos ao teléfono 986 677 740 en horario de 9.00 a 14.00 horas 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI483B&ano=2023&numpub=1&lang=gl