Renfe crea títulos multiviaje específicos por cada núcleo de proximidade e para cada orixe-destino dos servizos de media distancia convencional con vixencia en cada cuadrimestre de 2024.
Os títulos son gratuítos, aínda que o usuario terá que abonar unha fianza, e xa están dispoñibles para todo o que o solicite.
Abonos de proximidade, Rodalies e Media Distancia convencional
Os abonos de Renfe en 2024 son gratuítos, pero o/a usuario/a debe abonar unha fianza de 10 euros no caso de proximidade e Rodalies e 20 euros no caso de Media Distancia. Renfe recomenda que se efectúe o pago mediante tarxeta de crédito/débito. A fianza devolverase automaticamente ao finalizar os catro meses de validez do abono, sempre que o usuario realizase un mínimo de 16 viaxes.
No caso de pago con tarxeta, realizarase a devolución de forma automática a través do mesmo medio. Se o pago é en metálico, a devolución efectuarase a través dos despachos de billetes das estacións.
Como se poden adquirir?
A persoa usuaria debe rexistrarse co seu DNI en renfe.com ou nas App de Renfe e Renfe Proximidades para adquirilo.
Xa se poden comprar na App de Renfe Proximidades, nas máquinas de autoventa e nos despachos de billetes das estacións.
Existen máquinas con pago electrónico que emiten o abono con código QR, que deberá conservarse durante o período de vixencia do abono.
Para utilizalo nos servizos de media distancia, o usuario ten que elixir as dúas estacións (orixe/destino) entre as que vai viaxar.
Que validez ten o novo abono?
Os abonos teñen unha data de validez de ata catro meses. Logo terán que renovarse.
Son unipersoais, personalizados e intransferibles e válidos para realizar viaxes ilimitadas entre calquera orixe e destino do núcleo para o que foi emitido.
No caso de Media Distancia só pódense formalizar catro viaxes ao día (ida e/o volta).
Avant
O Executivo tamén prorrogou durante un ano o desconto do 50% para usuarios recorrentes do resto dos servizos ferroviarios Avant, declarados como obrigación de servizo público.
A rebaixa aplicarase a todos os títulos multiviaxe Avant (Abono Tarxeta Plus, Tarxeta Plus 20 ou Tarxeta Plus-45) que se vendan entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024 cunhas condicións de uso específicas. Por outra banda, como novidade, o Goberno introduciu novos roteiros onde os abonos de Media Distancia e Avant serán gratuítos para clientes recorrentes: entre Murcia e Alacante, e traxectos entre Ourense e A Coruña e entre Madrid e Salamanca.