TARXETA MONEDEIRO 2024: REQUISITOS E QUEN PODE SOLICITALA

24. 06. 04

O ministerio de Dereitos Sociais pon en marcha un programa de "tarxetas moedeiro" destinada á compra de alimentos para familias vulnerables.

A xestión da TARXETA MONEDEIRO realizarase a través da CRUZ VERMELLA previa derivación dos SERVIZOS SOCIAIS, é dicir, se pensas que podes ser BENEFICIARIO/A diríxete aos SERVIZOS SOCIAIS DO TEU CONCELLO para que che expliquen os requisitos.

No caso da Estrada o horario de atención é de 9.00 a14.00 horas e están na pranta cero (entrando pola porta a man esquerda)

As familias que se verán beneficiadas por estas axudas son aquelas que, en condicións de privación material severa, teñen un ou máis menores ao seu cargo.

O importe que recibirán nas súas tarxetas dependerá do número de membros que haxa na unidade familiar e será establecido en función destas condicións:

- Dous membros da unidade familiar (unha persoa adulta e unha persoa menor): 130 euros ao mes.

- Tres membros da unidade familiar: 160 euros ao mes.

- Catro membros da unidade familiar: 190 euros ao mes.

- Cinco ou máis membros da unidade familiar: 220 euros ao mes.

Para acceder á tarxeta moedeiro do Goberno, as familias deben cobrar por baixo do 40% da renda media en España.

Toda a información: https://www.mdsocialesa2030.gob.es/comunicacion/noticias/derechos-sociales/20240123-programa-tarjeta-monedero.htm