A segunda edición do programa Verán Novo reactiva os descontos dirixidos a mozos/as de entre 18 e 30 anos para viaxar por España e Europa en autobús e tren entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.
Quen poderá beneficiarse?
As persoas beneficiarias serán os mozos/as con nacionalidade española ou con residencia legal en España, nacidos entre o 1 de xaneiro de 1994 e o 31 de decembro de 2006 (é dicir, de 18 a 30 anos).
Cales son os descontos para viaxar por España e Europa?
En bus: desconto do 90 % para servizos de autobús regular de competencia estatal
En tren: desconto do 90 % nos servizos de media distancia convencional e en trens de ancho métrico desconto do 50 % nos títulos sinxelos de Avant desconto do 50 %, ata 30 euros por billete, para servizos comerciais de longa distancia ou alta velocidade desconto do 50 % da opción Global Flexible do Pase Interrail de 10 días en 2 meses, cando se comercialice a través de Renfe. A rebaixa aplícase sobre as tarifas oficiais de Interrail, coas súas características de prezo segundo idade etc.
Como se aplicarán estes descontos? Os potenciais beneficiarios deberán rexistrarse co seu DNI, NIE ou pasaporte no espazo que se habilitará na web do Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible. A ligazón á web é esta: https://www.transportes.gob.es/transporte_terrestre/verano-joven-2023
Se se cumpren os requisitos do programa, unha vez rexistrados, os beneficiarios recibirán un código persoal e intransferible que deberán utilizar para adquirir o Pase Interrail e os billetes de tren e autobús rebaixados nas webs dos respectivos operadores.
Interrail Pase Global: permite moverse por varios países. Con modalidade continua (validez de 15 días, 22 días, 1 mes, 2 meses ou 3 meses) ou flexible (validez de 4, 5 ou 7 días en 1 mes ou de 10 ou 15 días en 2 meses).
- Interrail Pase dun País: centra a viaxe nun único país, excepto no de residencia. A bonificación establecida para o Pase Interrail no programa Verán Novo 2024 será do 50 % cando se comercialice a través de Renfe e aplicarase sobre a opción Global flexible de 10 días en 2 meses.