GOBERNO DE ESPAÑA CONVOCA AS AXUDAS DO KIT CONSULTING DIRIXIDO ÁS PEMES ESPAÑOLAS

24. 09. 04

O 18 de xuño ábrese o prazo para  solicitar a axuda de #KitConsulting 

FINALIDADE: Transforma o teu negocio con ata 24.000 € en asesoramento dixital especializado

Que é? Kit Consulting é o programa de axudas do Goberno de España que permite a pemes como a túa deseñar a folla de roteiro para a súa transformación dixital.

Cal é a axuda? Trátase dun Bono de Asesoramento Dixital dotado dunha contía que deberás empregar na contratación dos servizos de asesoramento. A contía varía en función do tamaño que teña a túa empresa: 

- Entre 10 e menos de 50 empregados/as: 12.000 €

- Entre 50 e menos de 100 empregados/as: 18.000 €

- Entre 100 e menos de 250 empregados/as:  24.000 €

A quen vai dirixido? Os servizos de asesoramento que proporciona o Programa Kit Consulting están orientados ás pequenas e medianas empresas de entre 10 e menos de 250 empregados/as.

Como funciona o programa? 

A empresa beneficiaria deberá empregar o bono concedido na contratación dun ou varios servizos de asesoramento do Catálogo do Programa. Accede aquí para coñecer todos os servizos de asesoramento: https://www.acelerapyme.es/soluciones-digitales-kit-consulting

Os Asesores Dixitais realizarán o servizo de asesoramento elixido pola empresa e guiarán á peme nos pasos que deberá seguir para continuar co seu proceso de dixitalización.

INFORMACIÓN COMPLETA: https://www.acelerapyme.es/soluciones-digitales-kit-consulting